A verdade é que me sinto ben e mal ao mesmo tempo, xa que por un lado non quero que se vaia, e por otro, ás veces penso que é o mellor para os dous.
Sinxelamente quero que tódalas miñas noites sexan coma a noite pasada. Noites sen durmir, entre os seus brazos, sen máis pretensión que ca de espertarme ao seu carón.
Só quero aproveitar cada hora, tendo en conta que poden ser as derradeiras, aínda que me teña que botar a chorar só de pensalo, non podo facer outra cousa, non sei facelo mellor.
Gustaríame que cando chegara en setembro, poidera escribir algo semellante a isto, frases que falaran de amor, de el, de nos, e das ganas que teño de darlle unha aperta cada vez que o teño preto.
Sei que o único que podo facer é esperar, pensar que os sentimentos son eternos, ou algo así...
No hay comentarios:
Publicar un comentario